Sobre Nós
Alvetus
É un centro integral de servizos sociais situado no concello de Avión. É unha fusión de varios centros e programas dedicados ao coidado da poboación máis vulnerable como son os nosos maiores.
Obxectivos:- Ofrecer un servizo de atención integral que axude a mellorar a calidade de vida dos usuarios.
- Favorecer o desenvolvemento, a autonomía, a socialización e integración dos nosos usuarios.
Temos máis
4
Centros
4
Programas
32
Aloxados
No Concello de Avión somos conscientes da necesidade de intensificar as accións de protección dirixidas aos integrantes dos colectivos desfavorecidos, que se atopan cunha necesidade crecente de servizos que faciliten a permanencia na súa vivenda ou, polo menos, que lles posibilite permanecer no seu entorno, integrados na comunidade, con coidados de larga duración e intensidade, de calidade, controlados e seguidos por profesionais da xerontoloxía.
Con ese fin abrimos o Centro Integral de Servizos Sociais "Alvetus", no que ofertamos unha serie de recursos dirixidos a mellorar a calidade de vida dos habitantes de Avión, especialmente daqueles que padecen algunha limitación física, psíquica ou social.
Servizos Sociais
No Centro Integral de Servizos Sociais Alvetus, están situadas as oficinas dos Servizos Sociais de Base do Concello de Avión.