Sobre Nós

Centro Integral

Alvetus

É un centro integral de servizos sociais situado no concello de Avión. É unha fusión de varios centros e programas dedicados ao coidado da poboación máis vulnerable como son os nosos maiores.


Obxectivos:
  • Ofrecer un servizo de atención integral que axude a mellorar a calidade de vida dos usuarios.
  • Favorecer o desenvolvemento, a autonomía, a socialización e integración dos nosos usuarios.
 

4

Centros

4

Programas

32

Aloxados
No Concello de Avión somos conscientes da necesidade de intensificar as accións de protección dirixidas aos integrantes dos colectivos desfavorecidos, que se atopan cunha necesidade crecente de servizos que faciliten a permanencia na súa vivenda ou, polo menos, que lles posibilite permanecer no seu entorno, integrados na comunidade, con coidados de larga duración e intensidade, de calidade, controlados e seguidos por profesionais da xerontoloxía.
Con ese fin abrimos o Centro Integral de Servizos Sociais "Alvetus", no que ofertamos unha serie de recursos dirixidos a mellorar a calidade de vida dos habitantes de Avión, especialmente daqueles que padecen algunha limitación física, psíquica ou social.

Servizos Sociais

No Centro Integral de Servizos Sociais Alvetus, están situadas as oficinas dos Servizos Sociais de Base do Concello de Avión.

Catálogo de Servizos ofertados

Vivenda comunitaria

  • Para persoas autónomas
  • Para persoas con dependencia moderada ou grao 1, niveis 1 e 2

Centro de Día

  • Xornada completa
  • Media xornada

Residencia de Maiores

  • Para persoas autónomas
  • Para persoas con dependencia moderada
  • Para persoas con dependencia severa
  • Para persoas con gran dependencia

Programa de Prevención da Dependencia

Actividades de Dinamización e Entretemento

Estadías Nocturnas

Comedor Social

Xantar sobre Rodas

Axuda no Fogar

Lavandería Social

Centro Social

Aula de Informática

Servizos Sociais Comunitarios

Servizo de Psicoloxía

Servizo de Podoloxía

Fisioterapia

Horto Biosaudable

Ximnasio

Piscina Climatizada